OS SEGREDOS DO RÍO

Hoxe mércores celebramos o día das letras galegas invitando aos avós e avoas a compartir connosco unha xornada de portas abertas. A través deles o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer "os segredos" que esconde o río Miño ao seu paso por Tui e como cambiou a vida na nosa cidade durante estes últimos cincuenta anos.
Despois tiñamos preparada unha sorpresa para os avós e avoas: unha "FEIRA" ambientada nos anos sesenta onde había de todo o que se podía encontrar nesa época (xoguetes, libros, roupa, artículos de "contrabando", comida, etc.) e na que se podía usar moedas coma a peseta ou o escudo. A feira foise animando coa incorporación de máis membros das familias e rematou con bailes e cancións interpretados polos nosos nenos e nenas.