A REDE QUE LES: LITERATURA MÁIS INTERNET


A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as súas actividades arredor do Mes dos Libros e o vindeiro martes ás 20,00 horas terá lugar unha conferencia obradoiro que co titulo de “A rede que les: literatura+internet” correrá a cargo da escritora e animadora cultural Estibaliz Espinosa.