No mes de Novembro celébrase a Semana da Tradición Oral. No colexio quixemos recordalo pedíndolle aos nenos e nenas maiores que lle contasen contos aos máis pequenos. Aceptaron encantados e foron á Biblioteca a buscar os libros. O terceiro ciclo leulle ao primeiro ciclo e o segundo ciclo leulle a infantil. Fixérono durante dous días na hora de ler: o primeiro día os maiores baixaron ás aulas dos pequenos a buscalos e o segundo día foron os pequenos os que visitaron aos maiores nas súas aulas, levando eles o conto que querían que lles leran. Xuntáronse por parellas ou en tríos e buscaron un lugar para ler: os corredores, as escaleiras, o ximnasio, o salón de actos, etc. Foi unha experiencia estupenda que todos están desexando repetir.
Moitas grazas por vir a ler, din os pequenos emocionados.