XOGO DE PISTAS




Esta semana os alumnos e alumnas de 4º A baixaron á Biblioteca cunha misión moi especial: Atopar unha serie de palabras que tiñan que descubrir nun Xogo de Pistas.
Primeiro distribuíronse en grupos: o azul, o vermello, o amarelo e o verde. Cada grupo debería buscar palabras nos libros, seguindo unhas indicacións que lles deixara Lúa.
As normas eran: traballar en silencio, traballar en grupo, saber escoitar aos compañeiros e compañeiras, aprender a cooperar co grupo, e disfrutar do tempo da biblioteca ó mesmo tempo que repasan as normas ortográficas.
O xogo resultou divertido, aínda que non lles deu tempo a rematar!  Están desexando continuar a próxima semana! Lúa está encantada de que vos divirtades mentres aprendedes na biblioteca, e anímavos a rematar a vosa misión.