12-12-12




Hoxe día 12 do 12 do 2012,  os nenos e nenas de segundo de primaria recitan o poema "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro. Igual que eles farán outros nenos e nenas de moitos colexios e institutos de Galicia.



A nosa radio "O dous nas ondas" emitiu ás 12 un programa sobre Celso Emilio.

E tamén podedes escoitar o programa de radio que fixeron os alumnos de 5º do CEIP As Covas de Meaño recomendando o libro "O meu primeiro Celso Emilio" e que foi emitido pola Radio Municipal de Tui.

Como sabedes na RMT emiten un programa semanal de animación á lectura onde colaboramos os seguintes colexios: CEIP de Pazos de Reis (Tui), CEIP As Covas (Meaño), CEIP Chancelas (Poio), CEIP Vicente Risco (Vigo) e CEIP Nº2 (Tui).


Mañá será a emisión do primeiro programa no que participa o noso "cole" este curso. Podedes escoitalo en directo (pulsando na imaxe) ás 11 e media da mañá aproximadamente e haberá unha repetición ás 2 da tarde.