Este ano estase a celebrar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (Celanova 1912 - Vigo 1979).
Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) convídannos a renderlle unha última homenaxe cun acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962) o día 12 do 12 do 2012 ás 12.
Como a esa hora estamos no recreo, aproveitaremos a hora de ler para recitar colectivamente nas clases o citado poema e recordar ao autor.
O grupo de radio do colexio será o encargado de emitir para todos o poema ás 12.
O grupo de radio do colexio será o encargado de emitir para todos o poema ás 12.
E nestes vídeos, feitos, un polo 3º ciclo do CEIP da Barqueira e outro polo IES As Barxas, escoitaremos o poema a ritmo de rap.