O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O soldadiño de chumbo é unha das fermosas historias de amor que temos na nosa biblioteca. 
A obra orixinal foi escrita por Hans Christian Andersen, pero podedes encontrar outras versións posteriores.

Esta que podedes ver na curtametraxe de animación dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde  colleitou unha morea importante de premios en todo o mundo. Emilio Aragón puxo a música a este proxecto no que tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña. Ten como escenario o Museo do Xoguete de Allariz e incorpora personaxes de tradición galega como son o Cigarrón e a Castañeira.


Na biblioteca temos tamén a versión escrita  que Xavier Senín fixo a partir da curtametraxe.  A Editorial Galaxia converteuno nun libro multisoporte onde se conxuga o pracer estético do álbum ilustrado de gran formato co DVD de animación.