O martes día 23 celebramos o Día do Libro xunto aos colexios e institutos do Concello de Tui e as Bibliotecas Minicipais de Tui e Valença, como xa é tradicional nestes últimos anos. Todos fomos pasando pola Praza de San Fernando onde deixamos libros xa usados para cambialos por outros que estaban no chan formando a palabra LENDO, e compartimos escenario: o Pórtico da Catedral.
Houbo teatro, recitado de poemas, música, etc. Cada grupo levaba algo para compartir cos demais.
Tamén estaban colocados tódolos carteis feitos polo alumnado dos centros participantes, coas estrofas do primeiro poema de "Cantares gallegos". Proximamente poderemos velos todos no noso colexio, pois esta mesma semana empezará unha exposición itinerante dos mesmos.
Ao longo do día varios medios de comunicación estiveron acompañándonos e a propia TVGA entrevistou para dous programas distintos a alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo.