ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

O cuarto programa de animación á lectura preparado por alumnos e alumnas do noso colexio para a Radio Municipal de Tui, foi emitido o pasado xoves día 18. Nesta ocasión preparárono os alumnos e alumnas de 5º de Primaria.
Recomendaron o libro “O dromedario nadador”, escrito por Xabier López Rodríguez e editado por Alfaguara. O protagonista é un neno de once anos que vive nunha aldea cos seus avós… e un dromedario que se escapa dun circo.
Agora podedes escoitalos de novo.