A lectura empeza na casa e a familia é a
primeira que ten que fomentar o gusto por ler. Isto é esencial para afrontar
con éxito a aprendizaxe e o desenvolvemento da lectura e a escritura. Non
renunciedes a este papel de apoio aos vosos fillos e fillas. A casa é un
escenario nos que a lectura se desenvolve de forma natural. E aínda que os
nenos e nenas de primaria poden ser capaz de ler por conta propia, a lectura
compartida con vós segue sendo tan importante como cando eran máis pequenos.