Os alumnos e alumnas de 6º estiveron traballando durante o segundo trimestre coa
novela de ciencia ficción " A chave da Atlántida", do escritor e
ilustrador galego Anxo Fariña. Con esta obra recibiu o prestixioso premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2011. Un dos grupos de nenos e nenas de 6º recomendaron a súa lectura nun programa que emitiu a Radio Municipal de Tui hai uns meses. Podedes escoitalo de novo AQUÍ.
O pasado venres recibimos no colexio a visita de Anxo. Falou do seu libro, de novos proxectos, contestou numerosas preguntas feitas polos nenos e nenas e por último firmou todos os exemplares que tíñamos das súas obras. Tamén agasallounos cun debuxo.
Quedamos moi contentos coa súa visita e esperamos que volva outra vez.