O equipo Tic do colexio elaborou este video onde varios nenos e nenas cóntanos a todos "A HISTORIA DO LIBRO", desde a invención da escritura, pasando polos escritos egipcios, gregos e romanos, ata a creación na Idade Media do formato que aínda usamos hoxe. Tamén nos falan das aportacións dos árabes e os chinos. A imprenta primeiro, a linotipia despois e finalmente os libros eléctronicos son outros grandes avances que en diversas épocas, algunha recentemente, fixeron posible que cada vez máis persoas teñan acceso aos textos escritos.