DÍA DO LIBRO 2013



O martes celebraremos o Día do Libro participando conxuntamente tódalas bibliotecas escolares do Concello de Tui xunto as Bibliotecas Municipais de Tui e Valença (Portugal). Reunirémonos na Praza de San Fernando e intercambiaremos libros, haberá recitais de poesía, teatro, música, etc. Cada biblioteca aportará ademais un cartel cos primeiras estrofas de "Cantares Gallegos" lembrando unha vez máis a Rosalía. Na imaxe podedes ver o que se fixo no noso colexio. Un grupo de nenos e nenas de quinto de primaria foron os encargados de elaboralo e así de bonito lles quedou.