CARTEIS DO DÍA DO LIBRO


Estes son os carteis que para o Día do Libro fixeron os colexios e institutos de Tui. Cada un contén unha estrofa do primeiro poema de Cantares Gallegos. Participaron na súa elaboración nenos e nenas tan pequenos coma os do CRA, que son todos de Infantil, ata os máis maiores, coma os dos institutos. Cada un utilizou unha técnica plástica diferente e o resultado non puido ser máis variado e creativo. Esta semana temos tódolos carteis no noso colexio pois agora forman parte dunha exposición itinerante que percorrerá os centros de ensino do noso concello. Non deixedes de visitala e aproveitade a ocasión para ler unha vez máis a Rosalía.