A semana pasada estaba Lúa lendo na biblioteca e empezaronlle a chegar uns aromas deliciosos. Ao abrir a porta encontrouse cunha gran mesa repleta de doces de todo tipo. Seguiu camiñando polos corredores e había moitiiiiiísimos máis. Tratábase dunha exposición de postres feitos con produtos do outono que organizara o ENDL coa colaboración das familias. Cada postre viña acompañado da receita e con todas elas farase un libro que Lúa terá na biblioteca para que todos podades lelas e, se queredes, levalas á practica na vosa casa e aprender a facer postres diferentes aproveitando todos ese froitos cos que nos agasalla a natureza en outono. Por suposto, a exposición durou pouco porque, como é lóxico, había que probar e no colexio somos máis de catrocentos. O máis difícil foi ........ ESCOLLER !!!
Moitas grazas a tódalas familias que colaboraron !!!