ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ



Grazas a todos e a todas os que participáchedes no concurso de Lúa. A urna estaba chea de tarxetas de tódolos ciclos que conseguiron recoñecer os personaxes e escribir o seu nome correctamente. Vós tamén podedes ser grandes defensores da paz. Un sorriso permanente na vosa cara é unha boa maneira de conseguilo.




Éstes son os murais que fixeron os nenos e nenas de cada curso. Agora podedes velos na sala de exposicións da Área Panorámica. Estarán alí ata o día 14 de febreiro. Animade ás vosas familias a visitar a exposición!



O día 31 fomos todo o colexio, invitados pola ANPA, á representación da obra de teatro "A historia de Martín", un neno ao que lle custaba moito estudar, pero que grazas a encontrar un lapis máxico conseguiu aprender divertíndose. 
No camiño desde o colexio ata o teatro cantamos e fixemos moito ruído coas latas que preparáramos os días anteriores. Á saída intercambiámolas e lemos as mensaxes que levaban.
Ao finalizar a obra de teatro, unha representante da Anpa entregou diversos agasallos ás clases e a biblioteca sorteu oito premios (dous por ciclo) entre os participantes no concurso.