CONTO VIAXEIRO TRANSFRONTEIRIZO


Durante os meses de xaneiro e febreiro, Polo Correo do Vento, que é un colectivo especializado en actividades pensadas para promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos, desenvolve unha iniciativa chamada "Conto viaxeiro transfronteirizo" coa participación de nenos e nenas de diferentes vilas, 10 galegas e 10 portuguesas. 
Quique Mauricio e Carlos Taboada (escritor e o ilustrador ) dirixen a actividade. Xunto a eles os nenos e nenas crean personaxes, elaboran escenarios, inventan tramas e fan debuxos.
O conto viaxeiro empezou no CPI Manuel Suárez do Rosal e alí decidiuse que unha serea será a protagonista. Logo viñeron ao noso colexio e os nenos e nenas de segundo de primaria foron os encargados de buscar un nome para ela. Despois de varias opcións elixiron "Saurín". O final da historia está prevista para o 25 de febreiro, en Portugal.
A experiencia encantoulles aos nenos e están desexando ver este conto rematado.