UNHA MENSAXE PARA ROSALÍA


Como sabedes o luns 24 é o "Día de Rosalía". Lúa proponvos que lle deixedes unha mensaxe na biblioteca que logo será exposta no muro que preparamos no corredor central. Animádevos e poñede algo bonito, que estea feito con sentimento, co corazón, como ela facía cando escribía.

E para coñecela mellor recoméndovos ver este vídeo sobre a súa CASA-MUSEO, que debedes de visitar en canto teñades oportunidade.