CONTACONTOS EN INFANTIL


A editorial Kalandraka estivo no colexio como tódolos anos facendo unha sesión de animación á lectura nas clases de infantil.
Os animadores trouxeron un abrigo máxico. O abrigo era da Señora Loreto  e nos seus petos empezaron tres historias… que Olalla foi contando e Marc debuxando.




”Os petos da Señora Loreto”, de Quentín Blake. 
A dona do abrigo sempre está rodeada de nenos e nenas de distintas idades e razas, e é a moi  ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera cousa pode resultar útil nas súas mans. Por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen cousas inimaxinables.





“Boas noites, Bufo!”, de Pat Hutchins.
Conta a historia dun bufo que pretende durmir de día cando os ruídos dos outros animais fan imposible o descanso, aínda que o final véngase de todos eles non deixándoos durmir pola noite. Un conto acumulativo e repleto de sons, que reúne unha boa representación da fauna do bosque.






"Imos cazar un oso”, de Michael Rosen e a ilustradora Helen Oxenbury.
A historia está baseada nunha antiga canción de campamento inglesa. Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso convertese nunha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia. As ilustracións alternan escenas en cor e en branco e negro, a lapis e a acuarela.   O paseo de ida paseniño contrasta co de regreso a toda velocidade.

 Aquí tedes un vídeo coa canción orixinal, por se queredes aprendela.



E aquí tedes outra versión distinta do conto en castelán.