COMO LEN OS INVIDENTES?


Óscar estivo varios días no colexio falando con tódolos grupos dos diferentes niveis. Contounos moitas cousas. Entre elas falounos do Alfabeto Braille, de como son os contos que len os nenos e nenas que non poden ver ou como son os ordenadores que utilizan. 
Foi unha interesantísima experiencia da que todos, pequenos e maiores, aprendemos moito!