NO DÍA DO PAI




“Purê de maçã” do autor belga Klaas Verplancke e editado por Scipione, é un libro que nos fala dun pai forte, capaz de curar tódalas dores do seu fillo e que ademais ten os dedos sempre con sabor a puré de mazá. Ter un pai así é fantástico. Pero ás veces, cando ese pai está canso…..! 


Sen embargo, o neno percibe que, a pesar dos bos e malos momentos, o importante é a forza e a permanencia da relación que se establece entre eles dous.