CARTEIS LETRAS GALEGAS


A Secretaría Xeral de Política Lingüística achegounos coma tódolos anos os carteis gañadores do certame sobre o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas. Este curso foron seleccionados os que fixeron no Ceip Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz. Témolos expostos no corredor central, pero tamén podedes velos premendo sobre a imaxe. Neles cóntannos os datos máis salientables da biografía de Xosé María Díaz Castro.