SEGUIMOS COÑECENDO A DÍAZ CASTRO

A vida de Xosé Mª Díaz Castro nun cómic que podedes descargar.


No IES de Guitiriz fixeron esta preciosa película. Con estas palabras presentan o seu proxecto: A película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e representacións de danza, coa intención de explorar novas perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos xóvenes estudantes de Guitiriz. Foi un traballo de construcción creativa e sobre todo, un esforzo de produción no que se implicou toda a comunidade educativa e para o que o Instituto, recibiu tamén unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo.