ANIVERSARIO DE MAFALDA

Mafalda, unha das protagonistas do proxecto sobre o cómic no que traballamos o curso pasado, está de aniversario. Por iso desde a biblioteca queremos felicitala. Tal día coma hoxe, hai 50 anos, foi a primeira vez que apareceu na revista Plana. O seu autor, Quino, recibirá este ano o premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. PARABÉNS AOS DOUS!!!