Onte Faro de Vigo publicaba unha moi boa nova para
a literatura infantil e xuvenil galega.
“Dous libros galegos para nenos, entre os mellores do mundo".
Entre elas, figuran dúas obras galegas: o "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e "Nicomedes, o pelado", de Kalandraka.
Este último, escrito en galego, é o único libro incluído na
lista editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán. En
anos anteriores, podíanse encontrar publicacións en catalán ou vasco, pero non
foi así nesta edición.
Recordámosvos que na nosa biblioteca temos moitos libros
destas dúas editoriais galegas (OQO e KALANDRAKA) que vos farán disfrutar un montón.