LÚA VOLVEU

O equipo da biblioteca xa tiña todo listo para comezar este novo curso. Fixo os carnés para os usuarios novos, preparou tódalas mochilas viaxeiras, comprou novos materiais, ordenou todo, ambientou a biblioteca coma unha sala cinematográfica ........ pero faltaba Lúa ........ para dar a orde de apertura. 
E onde estaba Lúa? Pois seguía de vacacións. E que estes últimos cursos ten rematado moi agotada e necesitaba un pouco máis de tempo. Pero en canto a chamaron volveu correndo, supervisou todo, deu o visto bo e... xa podedes desfrutar tódolos días deste recuncho tan especial do colexio.

Coma este vai ser un ano de cine, Lúa déixanos esta película sobre as súas vacacións e a súa volta ao cole. Notaredes que está rodada en branco e negro e é muda. Así foron as orixes do cine a finais do século XIX cando os irmáns Lumière crearon o cinematógrafo. 



Por suposto, Lúa recibiu na biblioteca a cada un dos grupos de primaria, axudada pola profe Meli e Libra, un personaxe moi amante dos libros.


Logo visitou aos nenos e nenas de infantil. 
Aquí podedes ver unha selección de fotos do evento.



Para todos trouxo un precioso marcapáxinas que espera que usedes en moitos libros durante todo o ano.