SAMAÍN



O pasado venres 30 de outubro celebramos o Samaín. 
Todo eran bruxas, trasnos, esqueletes … agochados nun túnel que só os máis valentes se atrevían a atravesar.



No final había unha sorpresa inesperada: un conto terrorífico de bruxas. 


Pero a protagonista, a bruxa Brunilda, en realidade o que quería era facernos entender que debemos aceptarnos como somos e non intentar cambiar a ninguén.