Mostrando entradas con la etiqueta SAMAIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAIN. Mostrar todas las entradas

O Samaín dende Infantil



As nenas e nenos de infantil de 4 e 5 anos empregaron o conto "¡Cómo mola tu escoba!" para conmemoran a festa do Samaín.
Así traballaron:









SAMAÍN 2019

Este curso tódalas clases do colexio traballaron diferentes lendas tradicionais da cultura galega (A Maruxaina..., A Loba Branca..., A Santa Compaña..., A Bruxa e o Pescador..., O Lobishome..., O Buraco do Inferno...) e elaboraron diferentes carteis que foron expostos polos corredores do colexio.





Tamén, a partir de terceiro de primaria, escribiron historias de medo; esta vez, contadas en forma de cómic.
























As actividades dedicadas ao Samaín remataron cunha festa onde todos se maquilaron e disfrazaron con roupas que podían modificar ao seu antollo, e por suposto cunha comida que parecía "terrorífica" polo seu aspecto, pero que era "saudable", pois as froitas eran a materia prima de moitas das elaboracións.


Por suposto, non faltaron os contos de medo cos que os maiores intentaron "asustar" aos pequenos.

E os nenos e nenas de Terceiro de Primaria escribiron un libro sobre monstros para que forme parte dos fondos da nosa biblioteca. Esta é a versión dixital.

SAMAÍN



O pasado venres 30 de outubro celebramos o Samaín. 
Todo eran bruxas, trasnos, esqueletes … agochados nun túnel que só os máis valentes se atrevían a atravesar.



No final había unha sorpresa inesperada: un conto terrorífico de bruxas. 


Pero a protagonista, a bruxa Brunilda, en realidade o que quería era facernos entender que debemos aceptarnos como somos e non intentar cambiar a ninguén.

ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN

Durante toda a semana a Biblioteca ofreceu libros relacionados co medo para tódalas idades e proxectou películas nos recreos. Nas aulas recolléronse e léronse lendas terroríficas. Para rematar, o noso ENDL preparou un túnel do medo onde as aparicións, os berros e os sorrisos mesturáronse aterrorizando e divertindo por igual a pequenos e maiores. 


ADIVIÑAS DE MEDO

Como xa sabedes o    SAMAÍN é unha celebración relacionada co mundo do medo. 

Un grupo de nenos e nenas cando estaban en segundo de primaria escribiron estas adiviñas que agora rescatamos neste vídeo con fotos do curso en que todo o colexio se disfrazou  de ............. 
SERES  TERRORÍFICOS
Seredes capaces de adiviñar quen son estes personaxes? 

(Fai clic sobre a imaxe para ver o vídeo)


E aquí tedes un vídeo de bruxas para ver nestes días ...


CABAZAS TERRORÍFICAS DIANTE DA BIBLIOTECA


Lúa estivo moi contenta rodeada de tódalas cabazas que trouxechedes. Moitas gracias por participar. Ao xurado foille moi complicado elexir as máis terroríficas.
Os premiados foron: 
Infantil - Diego ( 3 anos)
Primeiro Ciclo - Julica (2º)
Segundo Ciclo - Rebeca (4º)
Terceiro Ciclo - Dani (5º)
Tódolos que participaron tiveron tamén un agasallo. Lúa deséxavos que pasedes un bo día de Samaín.

SAMAÍN




No CEIP Curros Enríquez de Celanova fixeron este vídeo para explicar a orixe da  festa do Samaín.

Para saber máis cousas podedes consultar estas páxinas
 Vieiros da escola
CEIP Palmeira
As cabazas na Galipedia

E agora con todo o que sabedes, teredes que ser capaces de contestar as preguntas deste xogo.


Nos vos esquezades que no colexio hai organizado un concurso de cabazas
e haberá premios para as máis orixinais e terroríficas. Anímate e participa.


Ademais nos recreos da semana  próxima proxectaremos a película "A maldición do Samaín" na biblioteca e tamén, coma sempre, as bruxas, esqueletos, morcegos, pantasmas, monstros, etc, estarán esperándovos nos libros.

SAMAÍN

COMO SABEDES acércase a FESTA DO SAMAÍN.
O ano pasado fixemos moitos traballos sobre os vosos medos, pero este ano queremos saber a que lle teñen medo os maiores. Así que vos propoñemos que preguntedes na casa ao voso pai, a vosa nai,  aos avós, ás avoas, a calquera persoa adulta que coñezades e que vos conten a que lle teñen medo eles e elas.

Anotade nun papel o que vos conten e, se queredes, decorádeo con debuxos. Logo metédeo na CAIXA DOS MEDOS e conseguiredes máis puntos no voso carné de BIBLIODETECTIVES.


E non vos olvidedes de que na Biblioteca hai moitas bruxas, pantasmas, monstruos,  esqueletes ... 
que están desexando contarvos as súas historias.