ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI


O primeiro programa deste curso fixérono os alumnos e alumnas de 6ºB. Escolleron o libro "Me llamo... John Lennon", de Carmen Gil e pertencente a unha colección de Parramón dedicada a biografías de personaxes famosos. 
John Lennon foi o fundador dos Beatles, o grupo de rock máis coñecido de tódolos tempos, e a súa vida é moi interesante. Ademais este grupo de nenos e nenas fan parte do programa en inglés. Non deixedes de escoitalos!