A VISITA DO APALPADOR

Unha grande expectación suscitou a chegada do Apalpador ao noso colexio. É a primeira vez que recibimos a súa visita. Foi unha das actividades de Tradición Oral organizadas pola biblioteca.
O Apalpador é  un personaxe da mitoloxía galega que, segundo conta unha lenda, baixa das montañas polo Nadal a levarlles agasallos ás nenas e aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña para comprobar que xantaron ben durante o ano e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.

O Apalpador contounos a historia dunha nena que vivía preto de Tui e que foi ao Caurel, á casa da súa madriña e alí coñeceuno a el. 

Cando rematou, cantamos todos xuntos unha canción dedicada e este peculiar xigante que "vive" nas montañas orientais de Lugo.

E despois desta sorprendente visita, Lúa quere recomendarvos que sexades vós os que vaiades ao Caurel e fagades alí deporte  en familia, e así desfrutaredes dunhas paisaxes preciosas á vez que facedes sendeirismo.

Nestas direccións tedes máis información...
http://www.serradocourel.es/
http://www.acampamentocaurel.com/

(Premede enriba do cartel para velo en grande)

MOITAS GRAZAS Mª CARMEN POR DARNOS A COÑECER A FIGURA DO APALPADOR E MOITAS GRAZAS BEA POR FACER O CARTEL!!!