DETRÁS DAS CÁMARAS


A semana pasada visitounos Noelia Riveiro González. Estudou un Ciclo Superior de Imaxe, e actualmente está facendo as prácticas de profe (grado de primaria) nun cole de Sobrada. Tamén traballa de fotógrafa.
Por quendas, cada ciclo foi reuníndose con ela e a todos lles foi falando dos diversos traballos que existen detrás das cámaras e algún truquiño coma o do “croma”... Lembrades que era?, e para que se usaba?
Tamén estivo explicando como foron feitas algunhas esceas de películas que todos coñecemos e axudounos a descubrir como se montan.
Como había tantas preguntas, prometeu volver outro día.