ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI


Nesta ocasión, un grupo de nenos e nenas de cuarto, en representación de tódolos seus compañeiros/as, falaron na Radio Municipal de Tui do libro "O raposo e a mestra" de Manuel Rivas e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Está publicado pola editorial Xerais para a colección Sopa de Libros.

Pindo, que así se chama o raposo, ten varios poderes; entre eles, hipnotiza cos seus ollos de lanterna e tamén entende e sabe falar en moitos idiomas. Pero cando escoita á mestra cantar en galego, el mesmo queda hipnotizado...

Non deixedes de escoitar o que nos contan sobre o libro, pois, aínda que foi a súa primeira experiencia radiofónica fóra do colexio, se desenvolveron moi ben.