ISABEL DE OCAMPO VISITARÁ O COLEXIO


Unha das próximas actividades que desenvolveremos no proxecto sobre O CINE será a visita de Isabel de Ocampo, que é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, estudou dirección na Escola de Cine de Madrid (ECAM) e ten producido e dirixido numerosos documentais, catro curtametraxes e unha longametraxe.


Co seu traballo, "Miente", obtivo numerosos premios dentro e fóra de España, destacando o GOYA 2009 á mellor curtametraxe de ficción. 

Este é o seu blogue...
(Nel fala da primeira directora da historia do cine)