CINE NA BIBLIOTECA

Durante esta semana Lúa seleccionou para ver nos recreos a curta titulada "A flor máis grande do mundo" baseada nun conto de José Saramago, que comeza así...


"As historias para nenos deben escribirse con palabras moi sinxelas, porque os nenos, ao ser pequenos, saben poucas palabras e non as queren moi complicadas. Gustaríame saber escribir esas historias, pero nunca fun capaz de aprender, e iso dáme moita pena. Porque, ademais de saber elixir as palabras, é necesario ter habilidade para contar dun xeito moi claro e moi explicado, e unha paciencia moi grande. A min fáltame polo menos a paciencia, polo que pido perdón."