DÍA DA PAZ

Nunha das paredes do colexio uns grafiteiros fixeron un debuxo para conmemorar o Día da Paz. Tódolos nenos e nenas colaboraron deixando a súa pegada, e así de bonito loce agora.


Tamén, coma tódolos anos, a ANPA invitounos a presenciar un espectáculo que correu a cargo do grupo Tropa de Trapo, que representou no teatro da Área Panorámica a obra "Antía, Wamba e o regato pequeno" coa que o noso alumnado desfrutou moito.


Finalmente, representantes da ANPA entregaron diversos agasallos a tódolos ciclos con material para o seu uso nas aulas.