PACO NOGUEIRAS NO COLEXIO


Paco Nogueiras presentou no noso colexio o seu libro-cd-dvd titulado  "Brinca vai" .




Trátase dun libro para ler, ver e escoitar. 
Nel propón unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais, dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. 



Os nenos e nenas de Infantil desfrutaron un montón coa visita de Paco.
O libro forma parte xa dos fondos da biblioteca.