SEMANA DA PRENSA

O quiosco de Lúa estivo concurridísimo. Máis de 400 clientes desexosos de coñecer as novidades que nos tiña preparadas. Acompañaba a Lúa, Marta, a quiosqueira, que nos puxo ao día de tódalas noticias da nosa comunidade pois tiña tódolos xornais que se publican en Galicia. Tamén ensinounos outros de tirada nacional e algúns estranxeiros. No seu quiosco ademais había revistas de moitas temáticas diferentes, destacando as de cine que están relacionadas co proxecto deste curso. Unha delas era moi especial: chámase "ALUCINE" xogando coas letras do nome de LÚA e o CINE; nela colaboramos tódalas aulas e Lúa agasallounos cun exemplar para cada clase. Non foi o único agasallo de Lúa: chapas, marcapáxinas, pegatinas, cromos... este quiosco tiña de todo para que non esquezamos que podemos ler en moitos formatos diferentes. 



Este é o exemplar de "ALUCINE", a revista que fixemos entre todos.