RECITAL POÉTICO

Un grupo de nenos e nenas de quinto curso leváronnos de viaxe pola historia da literatura galega, saudando aos nosos escritores e escritoras, e agradecéndolles o seu traballo coa lectura dalgúns dos seus poemas. Foi moi emocionante escoitalos.


Outro grupo de nenos e nenas, esta vez de sexto curso, fixo unha dramatización, utilizando como base poemas de Rosalía de Castro, sobre o tema da emigración. A súa interpretación, en medio dun impresionante silencio por parte do público, tamén conseguiu emocionarnos e foi premiada con moitos aplausos.