ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Hoxe, coincidindo co Día do Libro, os nenos e nenas de 5ºC recoméndannos a lectura de "Thora y sus dos mundos" escrito por  Guillian Johnson e publicado por Alfaguara.


Na historia crúzanse o mundo fantástico das sereas e o real dos humanos como consecuencia dun namoramento.
Coa súa lectura pódense analizar e afrontar situacións de inxustiza de forma solidaria, dáselle valor ás relacións familiares e á amizade, á tolerancia e ao respecto á diferenza...
A defensa do mar e as consecuencias negativas da súa contaminación tamén están presentes.