INTERCAMBIO DE LIBROS

Con este cartel tan bonito queremos recordar a todos e a todas que o venres xuntarémonos con tódolos centros educativos do noso concello para celebrar xuntos o Día do Libro. Unha das actividades será o intercambio de libros. Así que ide escollendo os exemplares que ides  levar para cambiar cos nenos e nenas dos outros colexios.