MARÍA DA PONTRAGHA NO COLEXIO

Os nenos e nenas do segundo ciclo escoitaron moi atentos as historias que lles contou María da Pontragha: un vello e unha vella que tiñan moito medo, un raposo e un lobo que eran amigos e deixaron de selo, uns trasnos moi traballadores pero con algún tramposo polo medio e unha princesa pouco convencional que deixa plantados aos seus pretendentes, fixeron que todos os asistentes o pasaran moi ben.