RETO DO DÍA DO LIBRO

Moitísimos bibliodetectives saben que celebramos o Día do Libro recordando a… Miguel de Cervantes, o autor de “Don Quijote de la Mancha”.

Este libro tan importante na historia da literatura mundial  tivo moito éxito dende a súa publicación en 1605. As primeiras traducións que se fixeron foron ao francés e ao inglés, pero hoxe en día podemos encontrar a obra en máis de 50 linguas diferentes. O Instituto Cervantes, con motivo do IV centenario da primeira edición  editou un catálogo virtual onde podedes acceder ao 1º capítulo en varios destes idiomas, entre eles o galego.

Este ano celebramos o IV centenario da publicación da segunda parte do libro. Se queredes ver como era o orixinal, podedes acceder á versión dixital da primeira edición da obra, conservada na Biblioteca Nacional de España. Non só permite a lectura, senón que tamén é posible realizar buscas sobre o texto, imprimir ou activar música de fondo…



Xa vedes que ten moitas páxinas e iso pode asustar un pouco. Pero tranquilos, hai moitas versións para nenos. Algunhas delas, como xa sabedes, están na nosa biblioteca, aínda que ler non é ou único xeito de poder descubrir ás súas aventuras. Tamén podedes escoitalas AQUÍ. No capítulo VIII está a célebre historia dos muíños de vento.


Na biblioteca tamén temos este libro …


onde Miguel de Cervantes fala da súa vida, que estivo chea de incidentes, sobresaltos e aventuras, moitas das cales se reflectiron na súa extensa obra.

E agora, por fin, a lista dos que tiveron a sorte de ser elexidos por Lúa entre todos os que contestaron correctamente ao seu reto.
  
Daniel Castro Gómez (5 anos A)
Uxía Soliño Martínez (1ºA)
Sara Ledo Cividanes (1ºB)
Carolina Rodríguez Martínez (2ºA)
Gonzalo Silva Calzado (2ºB)
Pablo Salgado Castro  (2ºC)
Lara Gayoso Rey (3ºA)
Telmo Portela Otero  (3ºB)
Jorge Ferreiroa Fernández (3ºC)
Pablo González Larramendi (4ºA)
Julica Mauricio Damas (4ºB)
Paula Russell Gómez-Valadés (4ºC)
Laura Castiñeira Vidal (5ºA)
Alba García Pérez (5ºB)
Gonzalo Alonso RodrÍguez (5ºC)
Sofía Ledo Cividanes (6ºA)
Alí Amadi (6ºB)

Noraboa !
Na biblioteca hai un agasallo para cada un.

Xa podedes pasar a recollelo.