VISITA DE LEDICIA COSTAS


O pasado martes estivo na biblioteca do colexio, cos nenos e nenas de sexto, a escritora...
Ela é a autora do libro “Escarlatina a cociñeira defunta”, co que estiveron traballando durante este curso, e que foi premio Merlín de literatura infantil 2014.



(Se pulsades na imaxe poderedes volver a escoitar o programa de radio que fixo unha das clases de sexto sobre o libro, e que foi emitido pola Radio Municipal de Tui)

Durante a súa estancia respondeu a moitas preguntas e contou moitas anécdotas que lle pasaron na súa vida e nas que se inspirou para escribir o libro.