GALA DOS PREMIOS LÚA

Chegou o día que todos e todas estabamos esperando. Despois da proxección no colexio das curtametraxes rodadas polas diferentes aulas, vestímonos moi elegantes e reunímonos no teatro da Área Panorámica para celebrar a gala de entrega dos premios Lúa de cine. Un precioso vídeo con esceas de tódalas películas introdúxonos na cerimonia que conduciron nenos e nenas de sexto de forma moi profesional. No medio e ao final da entrega de premios desfrutamos con varias actuacións musicais.
























Aquí tedes fotos da recollida dos diferentes premios por nenos e nenas de cada clase.


E podedes ver as curtametraxes de novo premendo nesta imaxe. 
Pouco a pouco iremos publicando todas.