RECITAL DE POESÍA

No colexio temos un poeta: o profe Javi.  A mediados do ano pasado pubricou o seu primeiro libro, que se titula "Donde lloran las musas". Este mes tivemos a sorte de escoitalo recitando algúns dos seus poemas... Neles fala da súa nai, do seu avó, do seu primer sobriño, do desexo que teñen algunhas persoas de volver a ser nenos, de xente que está soa, de xente que se foi e é recordada con nostalxia, de paxariños que simbolizan a alegría, a esperanza...
Antes de recitar cada poema contounos algo sobre o que pretendía expresar ao escribilo e iso axudou a entendelo e a desfrutalo pois a súa poesía, coma el mesmo nos dixo, non está dirixida a nenos e nenas, senón a xente adulta.
No recital estiveron presentes tódolas clases  divididas en varias quendas. Todos e todas escoitaron con moitísima atención. Ao final quixeron saber moitas cousas e non pararon de preguntar: que canto tempo leva escribindo, que a quen lle escribiu o primeiro poema, que se vai seguir escribindo, que é o que lle impulsa a escribir, que se custa ter ideas, que se é difícil escribir, se é difícil pubricar, se vendeu moitos exemplares, etc, etc. Esperamos que moitos de vós teñades a inquedanza de ler poesía e tamén que vos animedes a  escribir os vosos propios poemas.


Grazas Javi! Encantounos escoitarte!