LEDICIA COSTAS , PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL



A escritora galega LEDICIA COSTAS resultou gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.
Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor ou autora español/a, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014.
O xurado premiou o libro "ESCARLATINA , A COCIÑEIRA DEFUNTA"  por ser "unha obra extraordinaria, humorística e rompedora" e   destacou tamén “a súa fácil lectura, o seu humor arrepiante, e a súa habilidade para desmitificar o mundo da morte”.
"Escarlatina, a cociñeira defunta", xa levara o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluído na Lista de Honra do IBBY (International Board on Books for Young People) para 2016.

Recordade que Ledicia estivo no colexio o pasado mes de maio na nosa biblioteca nunha xuntanza cos nenos e nenas de sexto curso, que precisamente non só leran o libro, senón que tamén recomendaron a súa lectura nun dos programas de animación á lectura que facemos na Radio Municipal de Tui.
Podedes volver a ver fotos de seu paso polo colexio
AQUÍ

 e escoitar de novo o programa de radio...