XOGOS POPULARES

Como xa é habitual no noso colexio o Equipo de Educación Física organiza unha xornada de Xogos Populares na que participan tódolos nenos e nenas do colexio mesturados en grupos heteroxéneos en canto a idade. Os alumnos e alumnas de sexto  curso son os encargados/as de explicar as normas dos xogos a cada un dos grupos. 

A biblioteca colabora coa publicación desta revista que contén os distintos xogos por se queredes volver a ler as normas de cada un e pasar un bo rato poñéndoos en práctica de novo.