DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015

Hoxe celébrase o Día das Bibliotecas.

Esta efeméride ten coma obxectivo concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

Este ano os encargados da redacción do pregón e do deseño do cartel foron o escritor Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil no pasado 2014, e a ilustradora Leticia Ruifernández.

O pregón está inspirado na obra de Lewis Carroll, “Alicia no país das marabillas”, que celebra o seu 150 aniversario. Como di o autor do texto, “un lugar nunca podería chamarse País das Marabillas se entre as súas marabillas non se contase unha biblioteca”.


(Preme enriba da imaxe para vela en grande)