ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Os nenos e nenas de 5ºB foron os encargados de facer o primeiro programa deste curso para a Radio Municipal de Tui. Escolleron o libro "Os soños na gaiola" de Manuel María, publicado pola editorial Xerais. 

Xa sabedes que Manuel María é o autor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2016.

No programa poderedes escoitar algúns poemas, entre eles un que o autor dedicou á cidade de Tui.