RECORDANDO A XOSÉ NEIRA VILAS

A finais do mes de novembro faleceu o escritor Xosé Neira Vilas, unha persoa  entrañable á que varios grupos de nenos e nenas do noso colexio tiveron a ocasión de coñecer.
Un deses grupos visitouno na súa casa, onde os recibiu en compañía da súa dona,  Anisia Miranda.


Os demais reuníronse con el, aquí en Tui, no Día das Bibliotecas, no ano en que se celebraba o 50 aniversario de “Memorias dun neno labrego”, o libro máis lido e traducido da lingua galega.


Dos dous encontros, todos e todas, alumnos/as e profesores/as gardamos grandes recordos. 



Este foron algúns dos traballos que lle foron entregados.